Vehículo de transferencia automatizado
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Vehículo de transferencia automatizado ou ATV (Automated Transfer Vehicle) é unha nave espacial robótica desenvolvida pola Axencia Espacial Europea (ESA) que ten como misión subministrar carga, a retirada de lixo e a elevación periódica da órbita da Estación Espacial Internacional (ISS). Non leva tripulación. No proxecto participan dez países da ESA e a empresa principal contratista é EADS. Tense previsto fabricar 5 naves ATV dependendo do tempo de vida da ISS.
Descrición | |
---|---|
Función: | Subministrar a Estación Espacial Internacional con propulsión, auga, aire, carga útil e experimentos. |
Tripulación: | Sen tripulación, pero valido para humanos.[1] |
Dimensións | |
Altura:: | 10.3m |
Diámetro: | 4.5m[2] |
Lanzamento Carga útil: | 7667.kg[3] |
Retorno de Carga útil: | Ningún |
Masa no lanzamento: | 20,750 kg[2] |
Volume Presurizado: | 48 m3[4] |
Enerxía Eléctrica | |
Fonte: | 4 paneis solares independentes e orientables |
Tamaño: | extensión total 22,3 m (4 x 8.4 m2) |
Enerxía Xerada: | 4,800 W |
Motores a bordo | |
Motor principal: | 4 x 490N, Aerojet (GenCorp) Modelo R-4D-11 |
Propulsores: | 28 x 220N control a altitude & braking, Astrium Lampoldshausen |
Rendemento | |
Resistencia: | Atraque ISS por seis meses |
Apoapse: | 400 km |
Periapse : | 300 km |
Inclinación: | 51.6 grados |
Lanzamento | |
Sitio de Lanzamento: | Centro Espacial de Kourou, Kourou en Güiana Francesa |
Rampla: | ELA-3 |
Foguete Acelerador: | Ariane 5 |
O ATV é un dos vehículos de transporte non tripulados que abastecen a ISS. Os outros son as naves Progress (Rusia), HTV (Xapón), e Dragon (USA).
O primeiro dos lanzamentos desta nave, chamada ATV-001 Jules Verne[5][6][7] en honor do escritor francés, produciuse o 9 de marzo de 2008. Acoplouse á ISS o 4 de abril (despois de facer diversas demostracións dos sistemas de navegación e seguridade) separándose o 9 de setembro, desintegrando na atmosfera terrestre o 29 de setembro.
A segunda nave foi chamada ATV-002 Johannes Kepler[8] en honor do matemático e astrónomo alemán do século XVII. Foi lanzada o 16 de febreiro de 2011[9], desintegrando na atmosfera en xuño do mesmo ano[10].
A terceira nave, chamada ATV-003 Edoardo Amaldi[11][12] en honor do físico italiano do século XX. Engalou o 23 de marzo de 2012[13]. Logo de seis meses conectada á ISS, rematou a súa misión o 28 de setembro do mesmo ano.
A cuarta nave, a ATV-004 Albert Einstein[14] en honor do físico alemán, foi lanzada o 5 de xuño de 2013. A súa misión rematou ao queimarse na atmosfera o 2 de novembro, ás 12:04 GTM.
A quinta e derradeira nave, a ATV-005 Georges Lemaître[15], foi lanzada o 29 de xullo de 2014.