Vexetarianismo
réxime alimentario que ten como principio a abstención de carne e peixe / From Wikipedia, the free encyclopedia
O vexetarianismo e ó réxime alimentario que ten como principio a abstención de carne e peixe e que se basea no consumo de cereais, legumes, froitas e outros vexetais. A persoa que practica este tipo de dieta é coñecida como vexetariana.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2018.) |
Dentro da práctica vexetariana hai distintos tipos e graos. As persoas que non admiten ningunha inxesta de produtos derivados dos animais (coma o ovo ou os lácteos) son denominadas vexetarianas estritas ou, en moitos casos, veganas. Aquelas que consomen ovos e leite coñécense como ovolactovexetarianas.
Neste tipo de dieta acéptase a cocción dos alimentos e o consumo de produtos refinados (os máis comúns son o azucre e a fariña) ademais de pastas brancas, frituras e alimentos en conserva ou aqueles ós que se lles engadiron colorantes e/ou conservantes. Isto diferénciaa doutros tipos de dietas, coma a macrobiótica e naturista.