Revolución de 1854 en España
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Revolución de 1854, tamén coñecida co nome de Vicalvarada -por se iniciar co enfrontamento entre as tropas sublevadas ao mando do xeneral Leopoldo O'Donnell e as tropas gobernamentais nas proximidades da vila madrileña de Vicálvaro- foi un pronunciamento militar seguido dunha insurrección popular, que se produciu entre o 28 de xuño e o 28 de xullo de 1854 durante o reinado de Isabel II. Púxose fin así á década moderada (1844-1854) e deuse paso ao bienio progresista (1854-1856).