Vicepresidencia do Goberno de Cataluña
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Vicepresidencia do Goberno de Cataluña (en catalán: Vicepresidència del govern) é un cargo da Generalitat de Cataluña creado pola lei 13/2008, de 5 de novembro. Esta lei prevé a posibilidade de nomear un vicepresidente ou unha vicepresidenta do goberno se non foi nomeado un Conseller Primer. O vicepresidente ten asignada a consellería que o presidente determine. Na actualidade é a Consellería da Vicepresidencia.
O Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 recolle a composición do Goberno de Cataluña coa figura dun Presidente, optativamente un Conseller Primer e o resto de consellers. O feito de non designar un Conseller Primer permite ao goberno considerar o Conseller da Vicepresidencia como o segundo cargo en importancia.
As atribucións do vicepresidente ou vicepresidenta do goberno son as que tería o Conseller Primer se fora designado, coa excepción da competencia de "desplegar as directrices xerais da acción de goberno".