político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Victoriano Piñeiro Acosta, nado en Vilagarcía de Arousa en 1920 e finado no mesmo concello o 9 de outubro de 1993,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1920 Vilagarcía de Arousa, España |
Morte | 9 de outubro de 1993 (72/73 anos) Vilagarcía de Arousa, España |
Alcalde de Vilagarcía de Arousa | |
1965 – 1976 ← Jacobo Rey Daviña – José Luis Nogueira Rodríguez → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Con estudos en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi procurador dos tribunais. Traballou como auditor e xestor en Vilagarcía de Arousa onde foi designado concelleiro en 1960. Cinco anos despois, en 1965 foi nomeado, pola ditadura franquista, alcalde da cidade, cargo que ocupou ata a súa dimisión en 1976. Tamén ocupou un escano de deputado provincial durante máis dunha década. Durante o seu mandato como alcalde, Vilagarcía coñeceu unha excesiva expansión urbana.
Adquiriu xudicialmente, sendo alcalde de Vilagarcía de Arousa, o pazo Quinteiro da Cruz, en Lois, onde conseguiu unha importante colección de camelias.
Medalla de Ouro de Vilagarcía. Foi nomeado Alcalde Honorario Perpetuo e fillo predilecto de Vilagarcía.
Casou con Maruxa Lago, e foi pai de Carmen, Beatriz, Teresa e Pedro Piñeiro Lago.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.