Vigozoo
parque zoolóxico en Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vigozoo foi o nome oficial do parque zoolóxico de Vigo, chamado popularmente A Madroa (lugar da parroquia de Candeán onde se atopa) ata o ano 2024 cando muda a Vigonature, dentro da migración de zoolóxico a centro educativo natural. Ostenta a categoría xurídica de organismo autónomo municipal.[Cómpre referencia] Foi o primeiro parque zoolóxico de Galicia.