Villalón de Campos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Villalón de Campos é un concello español situado ao norte da provincia de Valladolid, en Castela e León, na denominada Terra de Campos e limítrofe coa provincia de Palencia.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Valladolid | ||||
Capital | Villalón de Campos | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.526 (2023) (8,98 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 169,93 km² | ||||
Altitude | 843 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Javier González Trapote | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 47600 | ||||
Código INE | 47214 | ||||
Páxina web | villalondigital.com |
A súa poboación é de 1.890 habitantes (2011). Antigamente era moito maior, pero o proceso de decadencia rural en prol das cidades provocou o retroceso demográfico desta localidade. Os habitantes dedícanse principalmente ao sector primario (agricultura e gandería). A súa festa principal está dedicada á Virxe de Fuentes.
Como recensión histórica cabe destacar que foi sede durante os séculos XV e XVI dunha importante feira de compra-venda de gando, baixo o auspicio da familia Pimentel, condes de Benavente, e que tiña notable influencia a nivel comarcal.
A localidade está situada no Camiño de Santiago de Madrid.