Violín
instrumento cordófono de corda fretada / From Wikipedia, the free encyclopedia
O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.
Violín | |
---|---|
Violino | |
Violín feito segundo un exemplar de Jakob Stainer, século XVIII | |
Información | |
Clasificación | |
Tesitura | |
Instrumentos relacionados | |
Músicos notables | |
Fabricantes notables | Luthier |
A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.
Os violíns clasifícanse de acordo co seu tamaño: o 4/4 ―cunha lonxitude habitual de 35,5 cm, un largo máximo de 20 cm e un alto de 4,5 cm― é o máis grande e é empregado polos adultos; séguenlle os violíns de tamaño menor, destinados a mozos e nenos, denominados 3/4, 2/4 e 1/4. Existe tamén un violín de tamaño 7/8, chamado "Lady", que empregan algunhas mulleres ou varóns adultos de mans pequenas. O tamaño do violín vai de acordo o tamaño (lonxitude) da man.