Vitamina
composto que non pode ser sintetizado polo organismo, polo que este non pode obtelo máis ca a través da inxestión directa / From Wikipedia, the free encyclopedia
As vitaminas (termo chegado dende o inglés, creación da lingua científica que combina o latín vita ‘vida’ e amine ‘amina’, porque se pensou que as vitaminas contiñan aminoácidos)[1] son compostos heteroxéneos que non poden ser sintetizados polo organismo, polo que este non pode obtelos máis ca a través da inxestión directa. As vitaminas son nutrientes esenciais, imprescindibles para a vida. Actúan como coenzimas e grupos prostéticos dos enzimas. Os seus requirimentos non son moi altos, pero tanto o seu defecto coma o seu exceso poden producir enfermidades (respectivamente, avitaminoses e hipervitaminoses).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As vitaminas adóitanse clasificar segundo a súa solubilidade en auga ou en lípidos:
Hidrosolubles:
- Vitamina C ou ácido ascórbico (antiescorbútica)
- Complexo B
- Vitamina B1, tiamina, aneurina ou vitamina antiberibérica
- Vitamina B2, riboflavina, lactoflavina, verdoflavina ou vitamina Q
- Vitamina B3, niacina, ácido nicotínico, nicotinamida ou vitamina PP
- Vitamina B5 ou ácido pantoténico
- Vitamina B6, piridoxina, piridoxal, piridoxamina ou adermina
- Vitamina B7, biotina, factor bios, coenzima R, vitamina H, vitamina B8, vitamina Bw
- Vitamina B9, ácido fólico, folacina, factor S, factor U, vitamina 10, vitamina 11 ou vitamina M
- Vitamina B12, cianocobalamina ou factor extrínseco de Castle
- Vitamina B15* ou ácido pangámico
- Vitamina B17*, laetril ou amigdalina
- Vitamina BT ou carnitina
Nota: as marcadas cun (*) non se consideran realmente vitaminas.
Liposolubles:
- Vitamina A, retinol, vitamina antixeroftálmica ou vitamina antiinfecciosa
- Vitamina D, calciferol (colecalciferol ou D3) (antirraquítica)
- Vitamina E, tocoferol, vitamina antiesterilidade ou vitamina da fertilidade
- Vitamina K, naftoquinona, filoquinona, vitamina antihemorráxica