escritora francesa From Wikipedia, the free encyclopedia
Viviane Forrester, nada en París o 29 de setembro de 1925 e finada na mesma cidade o 30 de abril de 2013, foi unha escritora e ensaísta francesa.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Viviane Dreyfus 29 de setembro de 1925 16º distrito de París, Francia |
Morte | 30 de abril de 2013 (87 anos) VII Distrito de París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Montparnasse |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Biografía, globalización e Occidente |
Ocupación | escritora , crítica literaria |
Empregador | Le Nouvel Obs (pt) Le Monde |
Lingua | Lingua francesa |
Obra | |
Arquivos en |
|
Premios
| |
Estivo en España en 1943 fuxindo da persecución nazi. Traballou como crítica literaria do diario francés Le Monde. Tamén colaborou coas publicacións Le Nouvel Observateur e La Quinzaine littéraire e é especialista nas obras da escritora Virginia Woolf e do pintor Vincent Van Gogh.
Autora de diversas publicacións, destacan especialmente as súas obras L'Horreur économique (1996, coa que se deu a coñecer mundialmente) e Une étrange dictature (2000) nas que critica duramente o proceso de globalización económica e defende a tese de que as institucións financeiras internacionais están protagonizando un "golpe de estado mundial a cámara lenta".
É unha das fundadoras da organización non gobernamental Attac.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.