Vladimir Sorokin
escritor ruso / From Wikipedia, the free encyclopedia
Vladimir Georgievich Sorokin (en ruso: Владимир Георгиевич Сорокин), nado o 7 de agosto de 1955 en Bykovo (óblast de Moscova) é un escritor e dramaturgo ruso posmoderno, un dos máis populares da literatura rusa contemporánea.[1][2] Sorokin vive entre Moscova e Berlín.[3]
Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Vladimir Sorokin | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de agosto de 1955 (68 anos) Bykovo (óblast de Moscova) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Unión Soviética (–1991) Rusia (1991–) |
Educación | Gubkin University (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Moscova |
Ocupación | dramaturgo , escritor de ciencia ficción , pintor , libretista , escritor , guionista , artista visual |
Período de actividade | 1977 - |
Membro de | |
Lingua | Lingua rusa |
Premios
| |
Páxina web | srkn.ru |
Pechar
As súas obras seguen distintos xéneros, desde o suspense ata a distopía pasando polos guións para o cinema, pero sempre xeran debate nos medios rusos, sobre todo co Apparatchik ruso sobre todo ao tratar temas como o totalitarismo e tabús sociais (droga, canibalismo, homosexualidade, coprofaxia), tendo sido criticado polo réxime de Putin.[4] Algúns dos seus libros foron destruídos por membros do movemento Nashi ("Os nosos"), favorable a Putin.[5]