Voivodato de Kíiv
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voivodato de Kíiv (en polaco: województwo kijowskie; en lituano: Kijevo vaivadija; en belaruso: Кіеўскае ваяводзтва; en ucraíno: Київське воєводство) foi unha división administrativa do Gran Ducado de Lituania (dende 1471),[1] cedida a partir de 1569 á Coroa do Reino de Polonia. A súa capital foi a cidade de Kíiv até 1667, cando a capital pasou a Zhitómir.