Voo 6491 de Turkish Airlines
From Wikipedia, the free encyclopedia
O voo 6491 de Turkish Airlines (TK6491/THY6491) foi un voo internacional de carga operado por ACT Airlines, no nome de Turkish Cargo, dende Hong Kong a Istanbul con escala en Bixkek, Kirguizistán. O día 16 de xaneiro de 2017 o Boeing 747-400F que realizaba esa ruta esnafrouse durante a aterraxe no aeroporto Internacional de Manas en Bixkek. Un total de 39 persoas, incluídos os catro tripulantes a bordo e 35 habitantes dun distrito residencial situado preto do aeroporto, morreron no choque. A día de hoxe o accidente está a ser investigado.
Datos rápidos Resumo, Data ...
Voo 6491 de Turkish Airlines | |
---|---|
Resumo | |
Data | 16 de xaneiro de 2017 |
Causa | voo controlado contra o terreo |
Lugar | área residencial preto do aeroporto Internacional de Manas en Bixkek |
Coordenadas | |
Finados | 39 (4 a bordo; 35 en terra) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Boeing 747-400F |
Operador | ACT Airlines para Turkish Airlines |
Rexistro | TC-MCL |
Tripulación | 4 |
Superviventes | 0 |
Pechar