Wikipedia:Normas de conduta
From Wikipedia, the free encyclopedia
Esta páxina ofrece algúns principios de boa conduta para traballar cos demais na Wikipedia.
Máis información Atallo: WP:CONDUTA ...
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir.
|
Pechar
Esta páxina en resumo: As normas de conduta da Wikipedia baséanse no sentido común dun traballo comunitario: sé agradable e flexible, e céntrate na tarefa. |
As persoas que colaboran na Wikipedia poden proceder de países e culturas diferentes. É posible diferir amplamente nos puntos de vista, perspectivas e opinións. É de vital importancia tratar as outras persoas con respecto para conseguir grao efectivo de colaboración na construción desta enciclopedia global.