From Wikipedia, the free encyclopedia
A Illa Wallis está situada na Polinesia no océano Pacífico, entre Nova Caledonia e Tahití. Situada a uns 230 km ao nordés de Futuna, que pertence a Wallis e Futuna. A súa capital é Mata-Utu
Wallis, Wallis e Futuna | |
---|---|
Vista da illa | |
Datos | |
Capital | Mata Utu |
País | Francia |
Localización | Océano Pacífico |
Arquipélago | |
Linguas | |
Poboación (2018) | 8.333 hab. |
Superficie | 96 km² |
Densidade | 11´136 |
Coordenadas | 13°10′S 176°08′O |
Maior Altura | 151 m. Monte Loka |
Localización | |
As illas de Wallis consisten nunha illa principal, Úvea (que abarca 77,6 km²), e varias illas de coral. Úvea é un antigo volcán que comezou a afundirse, o que deixa un arrecife de coral e unha lagoa no océano aberto con catro pases dos cales só un é navegable. O seu punto máis alto, o monte Loka, é baixo (151 metros).
Aínda que carece de ríos, a illa está salpicada de lagos de cráter (o que indica unha antiga actividade volcánica), onde o lago de Lalolalo é o máis grande, e que son valiosas reservas de auga doce para a illa
Úvea está situada a 240 km ao nordés de Futuna. Wallis ten un chan volcánico fértil e as choivas son suficientes para impulsar a agricultura.
Toma o seu nome do Inglés Samuel Wallis que a descubriu en 1767. En 1886, convértese nun protectorado francés.
A poboación da illa era de 9.731 habitantes en 2008 (67% do territorio). Por primeira vez en máis de medio século, a poboación da comunidade diminúe en relación co censo anterior (2003). A maioría das persoas falan wallisiano como lingua materna e case todos son Católicos romanos.
Úvea (Wallis) é un dos tres reinos tradicionais de Wallis e Futuna, as outras dúas son a Alo e Sigave nas illas Hoorn (Futuna). O seu capital, Mata-utu, situado na costa leste, é tamén a capital de todo o territorio, Wallis e Futuna. O reino divídese en tres distritos, que se enumeran de norte a sur:
(1) anteriormente chamada Mua
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.