From Wikipedia, the free encyclopedia
William Gilbert, nado en Colchester en 1544 e finado en Londres en 1603, foi un físico e médico inglés. Trátase dun dos pioneiros no estudo experimental dos fenómenos magnéticos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de maio de 1544 Colchester (pt) |
Morte | 30 de novembro de 1603 (59 anos) Londres |
Causa da morte | Peste negra |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Educación | St John's College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Físico, médico, física, astronomía, magnetismo, electricidade e medicina |
Lugar de traballo | Inglaterra |
Ocupación | filósofo , físico , astrónomo , enxeñeiro , médico , naturalista |
Lingua | Lingua latina e lingua inglesa |
Familia | |
Pais | Jerome Gilberd (en) e Jane Wingfield (en) |
Irmáns | William Gilbert (pt) |
Estudou medicina na Universidade de Cambridge e en 1603 foi nomeado membro do Real Colexio de Médicos. De 1601 a 1603 serviu como médico da raíña Isabel I e do rei Xacobe I. En 1600 publicou "Sobre o imán", "Corpos magnéticos", e "O grande imán da Terra", onde se observan as súas investigacións sobre corpos magnéticos e atraccións eléctricas; nel conclúese que a agulla do compás apunta ó norte-sur e xira cara a abaixo debido a que o planeta Terra actúa como un xigantesco imán. Foi o primeiro en introducir os termos atracción eléctrica, forza eléctrica e polo magnético.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.