termo da nomenclatura en taxonomía From Wikipedia, the free encyclopedia
En bioloxía, especialmente en zooloxía, chámase xénero tipo ao xénero que se usa para definir un grupo taxonómico de maior rango, como unha familia ou unha orde.
A partir deste xénero defínese a especie tipo e faise a descrición e caracterización do grupo.
Segundo o Código Internacional de Nomenclatura Zoolóxica, International Code of Zoological Nomenclature (ICZN), «o tipo que leva o nome dun taxon nominal do grupo familiar é un xénero chamado "xénero tipo"». O nome do grupo familiar está baseado no do xénero tipo.[1]
Calquera nome do grupo familiar debe ter un xénero tipo (e calquera nome do grupo xénero debe ter unha especie tipo, pero calquera nome de grupo de especies pode, pero non necesariamente, ter un ou varios espécimes tipo). O xénero tipo para un nome de grupo familiar é tamén o xénero á cuxa raíz se engade o sufixo latino -idae (para as familias).
Na nomenclatura botánica, a frase "xénero tipo" úsase, non oficialmente, como un termo de conveniencia. No Código Internacional de Nomenclatura para algas, fungos e plantas, International Code of Nomenclature for algae, fungi, and plants (ICN) esta frase non ten status. O Código usa espécimes de tipo para rangos de até a familia, e os tipos son opcionais para rangos máis altos.[2] O Código non se refire ao xénero que contén ese tipo como "xénero tipo".
Para as familias, o sufixo latino empregado para engadir á raíz do nome do xénero tipo é -aceae (-áceas).[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.