XAMPP
From Wikipedia, the free encyclopedia
XAMPP é un servidor independente de plataforma, software libre, que consiste principalmente na base de datos MySQL, o servidor Web Apache e máis os intérpretes para linguaxes de script: PHP e Perl. O nome provén do acrónimo de X (para calquera dos diferentes sistemas operativos), Apache, MySQL, PHP, Perl. A partir da versión 5.6.15, XAMPP trocou a base de datos MySQL por MariaDB, un fork de MySQL con licenza GPL.
Datos rápidos Desenvolvedor(es), Última versión ...
XAMPP | |
---|---|
![]() | |
Desenvolvedor(es) | Apache Friends |
Última versión | 7.3.1 (21 de xaneiro de 2019) |
Sistema operativo | Windows, Mac OS X |
Lingua/s | Varias Galego: ![]() |
Tipo | Servidor Web |
Licenza | GNU |
Sitio web | https://www.apachefriends.org/pt_br/index.html XAMP en portugués |
Pechar
O programa está liberado baixo a licenza GNU e actúa como un servidor Web libre, doado de usar e capaz de interpretar páxinas dinámicas. Actualmente XAMPP está dispoñible para Microsoft Windows, GNU/Linux, Solaris, e Mac OS X.