XXXVI edición dos Premios Goya
From Wikipedia, the free encyclopedia
A 36 edición dos Premios Goya, entregados pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España, recoñeceu o mellor do cinema español en 2021 e tivo lugar no Palau de les Arts Reina Sofia de Valencia o 12 de febreiro de 2022,[1] sendo a primeira vez en que se entregan os premios nesta cidade.[2] As candidaturas para cada unha das categorías déronse a coñecer o 29 de novembro de 2021 polos actores Nathalie Poza e José Coronado,[1] e foron un total de 160 películas as que entraron en competición polos premios.
A gala non contou con presentadores propiamente senón que, os premios, foron presentados por varios actores e cineastas coñecidos.[3] Esta foi a primeira vez na que se presentou un premio non competitivo como recoñecemento a persoeiros relevantes do cine internacional.[4] Así, nesta edición se lle outorigou ese premio á actriz australiana Cate Blanchett, que lle foi entregado por Penélope Cruz e Pedro Almodóvar.[4]
A película triunfadora da gala foi El buen patrón, que gañou seis premios dos 20 nomeamentos que tiña, entre eles o de mellor director e mellor película. A sorpresa foi Las leyes de la frontera, que conseguiu catro. Maixabel, tiña 14 nomeamentos[1] e gañou tres, entre elas a de mellor actriz para Blanca Portillo. Pola contra, Madres paralelas non gañou ningún premio a pesar de contar con oito nomeamentos.[1][5][6]