Xeración do 27
From Wikipedia, the free encyclopedia
A denominada Xeración do 27 foi unha constelación de escritores e poetas españois que xurdiu no panorama cultural español ao redor do ano 1927, en que se conmemorou o tricentenario da morte do poeta barroco Luís de Góngora. Estes autores aproveitaron esta data para reivindicar a poesía que este autor compuxo na última época da súa vida (Culteranismo), desprestixiada pola crítica decimonónica. Tanto escritores como profesores e intelectuais celebraron en homenaxe a Góngora unha serie de actos (conferencias etc.) no Ateneo de Sevilla nese ano que se veu a considerar o acta fundacional do grupo.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2019.) |