Xestión de proxectos
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Administración de Proxectos,ou xestión de proxectos é a aplicación de coñecementos, habilidades e técnicas na elaboración de actividades relacionadas para atinxir un conxunto de obxectivos predefinidos. O coñecemento e as prácticas da xestión de proxectos quedan mellor descritos en termos dos seus procesos compoñentes.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Eses procesos poden clasificarse en cinco grupos de proceso (arranque, planificación, execución, control e peche) e nove áreas de coñecemento : xestión de integración de proxectos, xestión de alcance de proxectos, xestión de tempo de proxectos, xestión de custo de proxectos, xestión de calidade de proxectos, xestión de recursos humanos de proxectos, xestión de comunicacións de proxectos, xestión de riscos de proxectos e xestión de adquisicións de proxectos.
Na súa forma máis simple, a xestión de proxectos é a disciplina de manter os riscos de fracaso nun nivel tan baixo como sexa necesario durante o ciclo de vida do proxecto. O risco de fracaso aumenta de acordo coa presenza de incerteza durante todas as etapas do proxecto. Un punto de vista alternativo di que xestión de proxectos é a disciplina de definir e alcanzar obxectivos ao mesmo tempo en que se optimiza o uso de recursos (tempo, diñeiro, persoas, espazo etc).
A xestión de proxectos é frecuentemente a responsabilidade dun individuo titulado xerente ou xestor de proxectos. Idealmente, ese individuo apenas participa directamente nas actividades que producen o resultado final. Ao contrario, o xerente de proxecto traballa para manter o progreso e a interacción mutua dos diversos participantes do proxecto, para reducir o risco de fracaso do proxecto.