Xirínidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os xirínidos (Gyrinidae) son unha familia de escaravelos acuáticos que adoitan nadar na superficie da auga cando están tranquilos, aínda que se mergullan baixo a auga cando se senten ameazados. Teñen o hábito de nadar rapidamente en círculos cando están alarmados. Outra característica peculiar é que teñen os ollos divididos, o que se cre lles permite ver tanto por debaixo coma por riba da auga.[1] A familia comprende unhas 700 especies existentes en todo o mundo, distribuídos en 15 xéneros, xunto con algunhas especies fósiles. A maioría das especies son moi similares en aspecto xeral, aínda que varían en tamaño desde os 3 mm aos 18 mm de lonxitude.[2] Adoitan ser aplanados e arredondados, con forma elipsoidal, coas patas e outros apéndices que se axustan ben á súa superficie hidrodinámica.
Gyrinidae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Gyrinus natator, ilustración de 1909 | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
Anagyrinus (fósil) |
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bd/Whirligig_Beetle_01.jpg/640px-Whirligig_Beetle_01.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/da/Whirligig_Beetle_02.jpg/640px-Whirligig_Beetle_02.jpg)