Xogo de cubertos
conxunto de utensilios para comer / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un xogo de cubertos[1] refírese a calquera instrumento empregado de forma manual para servir, cortar, preparar e especialmente inxerir alimentos. Os elementos que compoñen o xogo de cubertos occidental son xeralmente os garfos, as culleres e mailos coitelos. Cada un deles pódese especializar; por exemplo hai coitelo de peixe e de carne (xeralmente afiado), de pan (dentado), algunhas veces de queixo ou untadores etc. O xogo de cubertos oriental considera tamén a inclusión de paus en lugar de garfos. Os materiais máis empregados na elaboración do xogo son o aceiro inoxidable, a prata (considerado o material por excelencia no xogo de cubertos), a alpaca e mailo plástico.