Xogos Europeos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Europeos constitúen unha competición multideportiva modelada nos Xogos Olímpicos na que participan atletas dos países europesos e que se celebrarán cada catro anos dende o 2015 regulamentados polos Comités Olímpicos Europeos. A primeira edición tivo lugar en Bacú, a capital de Acerbaixán.
Estes xogos serán unha versión con menos deportes dos Xogos Olímpicos pero serán semellantes aos que se disputan noutras rexións como os Xogos Asiáticos, os Xogos Panamericanos e os Xogos Panafricanos.