Xogos Olímpicos de 1964
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos da XVIII Olimpíada foron realizados en Toquio, no Xapón, entre o 10 e o 24 de outubro de 1964, sendo os primeiros Xogos Olímpicos realizados en Asia. A cidade xa conquistara o dereito de realizalos en 1940, pero a invasión da China polo Xapón os transferiu para Helsinqui, en Finlandia. Co estoupido da segunda guerra mundial en 1939, os Xogos de 1940 foron finalmente cancelados.
Nome oficial | Spiller vun der XVIII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Organizador | Organizing Committee for the Games of the XVIII Olympiad (en) |
Composto por | budo at the 1964 Summer Olympics Basquetebol nos Jogos Olímpicos de Verão de 1964 Polo aquático nos Jogos Olímpicos de Verão de 1964 + ../... 23 |
Número de participantes | 93 5.151 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 163 |
Localización | Toquio (Xapón) Estadio Olímpico de Toquio (Kasumigaoka (en) ) |
País | Xapón |
Intervalo de tempo | 10 de outubro de 1964 – 24 de outubro de 1964 |
Número de edición | 18 (1964) |
Aberto oficialmente por | Hirohito |
Xuramento feito por | Takashi Ono (pt) |
Facho acendido por | Yoshinori Sakai (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
En 1958, Toquio conquistou finalmente o dereito de cidade-sede para o ano de 1964, derrotando na votación do Comité Olímpico Internacional as cidades de Detroit, Bruxelas e Viena.
Abertos polo Emperador Hiroito en persoa, coa presenza de 5.151 atletas de 93 estados, o momento máis simbólico do evento foi a entrada no estadio, cargando a facho olímpico, do mozo Yoshinori Sakai, de 19 anos, nacido en Hiroshima o día 6 de agosto de 1945, o mesmo día no que a bomba atómica foi detonada sobre a cidade. A súa escolla foi unha homenaxe ás vítimas do holocausto nuclear e unha chamada á paz mundial.