Xogos Paralímpicos de Londres 2012
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Paralímpicos de 2012 foron os décimo cuartos Xogos Paralímpicos de Verán e celebráronse dende o 29 de agosto ata o 9 de setembro de 2012 na cidade de Londres, Reino Unido, logo de que a capital británica gañara a votación para acoller os Xogos Olímpicos e os Xogos Paralímpicos de 2012. Houbo 1,6 millóns de entradas dispoñibles cunha taxa de vendas estimada do 63%.
Xogos da XIV Paralimpíada | |
---|---|
Londres 2012 | |
Estados Participantes | 164 |
Atletas | 4.294 |
Eventos | 503 en 20 deportes |
Cerimonia de Apertura | 29 de agosto |
Cerimonia de Clausura | 9 de setembro |
Apertura oficial | Raíña Isabel II[1] |
Facho Olímpico | Margaret Maughan |
Local | Estadio Olímpico |
No seu informe de avaliación o Comité Olímpico Internacional sinalou que "Coa súa rica historia, as capacidades do Deporte Paralímpico británico están entre as mellores da historia".
Os xogos incluíron atletas con diversas discapacidades físicas e sensoriais, tales como a parálise cerebral, amputacións e cegueira. Esta foi a primeira vez dende a edición do ano 2000, onde os deficientes mentais retornaron aos Xogos.