Periódico

publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias / From Wikipedia, the free encyclopedia

Un periódico[1] é unha publicación cuxa principal función consiste en presentar noticias. Ten unha aparición periódica, que pode ser diaria -denominado xornal[2] ou diario,[3] e que é o periódico por antonomasia-, ou semanal —denominado semanario[4]— e mesmo quincenal ou mensual. Amais de proporcionar información, as publicacións periódicas adoitan defender diferentes posturas públicas, xa sexa con editoriais, artigos de opinión ou mesmo a través dun perfil ideolóxico determinado. Os seus ingresos económicos xeralmente baséanse na inserción de publicidade.

International_newspaper%2C_Rome_May_2005.jpg
Jornais1899.jpg
Vendedores de xornais no Río de Xaneiro en 1899

Edítase, distribúese e véndese cada día nos quioscos e nos lugares acreditados. Destínanse ó público en xeral, polo cal o seu estilo é claro e conciso, e o seu contido moi variado, pero sempre dividido en seccións xerais, información e opinión, divididas á súa vez en subseccións: información nacional, internacional, local, sociedade, cultura, ciencia, saúde, economía, deportes, axenda, anuncios etcétera. No caso da información: editorial, artigos de fondo, cartas ó director, columnas, críticas (taurina, cinematográfica, televisiva, deportiva, teatral, musical), crónicas, humor gráfico, etcétera. Por exemplo, xornais coma The New York Times.

Algúns periódicos adquiriron sona pola súa aceptación dalgunha sección en particular, xa sexa que a sección é destacada en comparación con outros xornais, ou porque teña algo peculiar distintivo.

Un periódico, aínda que imparcial, pode ter unha edición con tendencia cara a certa ideoloxía, ou unha tendencia a apoiar particulares causas, pero tamén pode estar máis enfocado ás finanzas, por exemplo.

O xornal foi crucial na difusión do crecemento da conciencia social e laboral, foi un instrumento que puido intervir en favor dos máis oprimidos.

Adóitase usar a palabra "prensa" para diferenciar estas publicacións doutros medios de comunicación como son a radio ou a televisión. A orixe desta palabra está na utilización dunha prensa de imprenta sobre a cal eran imprimidas as follas de papel.

A tinta empregada na impresión de periódicos variou durante os anos; desde a clásica tintura negra e manchante, a unha tinta morada, nalgúns casos, ou incluso de color café, aínda que o desenvolvemento máis recente da tinta enfocouse a que non manche e que sexa biodegradable.