ornitólogo, profesor e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé Manuel Penas Patiño, nado en Santiago de Compostela en 1950, é un ornitólogo, profesor e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1950 (73/74 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Rois | |
2003 – 2007 ← Enrique Tojo – Ramón Tojo Lens → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo, profesor e político |
Partido político | Bloque Nacionalista Galego |
Lingua | Lingua galega |
Diplomado en Maxisterio, estudou interiorismo e empezou a cursar a licenciatura en Bioloxía, carreira que non chegou a rematar.[1]
Foi profesor do Centro Público Integrado dos Dices, Rois, até a súa xubilación,[1] e membro da Plataforma pola defensa do Sar. É especialista en aves.
Nas eleccións municipais de 1995 foi elixido concelleiro de Rois polo BNG, do que foi o seu voceiro no Concello.[1] Volveu ser elixido concelleiro nas municipais de 1999 e 2003. Nese ano foi elixido alcalde de Rois grazas a un pacto co PSdeG-PSOE. Volveu ser concelleiro até 2010, cando renunciou á súa acta cando se xubilou como docente.[2]
Predecesor: Enrique Tojo Blanco |
Alcalde de Rois 2003 - 2007 |
Sucesor: Ramón Tojo Lens |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.