sacerdote e poeta galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé María Chao Ledo, nado e Vilalba o 30 de setembro de 1844 e finado na mesma vila o 9 de xullo de 1894, foi un sacerdote e poeta galego.
Nome orixinal | (gl) Xosé María Chao Ledo (es) José María Chao Ledo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de setembro de 1844 Vilalba, España |
Morte | 9 de xullo de 1894 (49 anos) Vilalba, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | sacerdote católico , escritor , poeta |
Lingua | Lingua castelá |
Fillo de labregos, estudou a carreira eclesiástica no Seminario de Mondoñedo. Foi párroco de Santalla, San Xurxo de Rioaveso, Santiago de Cuíña e Santa María de Luía. Foi un verdadeiro poeta popular "que soubo expresarse nun galego enxebre" e do que Carvalho Calero louva a súa naturalidade. O seu biógrafo Lence Santar cualifícao de "crego sabido, sinxelo, falangueiro, amigo de dar esmolas e amante, como poucos da terra galega". O seu sobriño-neto, o escritor Xosé Chao Rego, no mesmo libro fala da "paixón telúrica" que manifesta o amor á Terra que tiña Xosé María Chao.
En 1871 estreou en Mondoñedo Noite Boa de 1871.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.