Xosefina de Beauharnais
artista francesa / From Wikipedia, the free encyclopedia
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie (en francés: Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie),[2] vizcondesa de Beauharnais, coñecida como Xosefina de Beauharnais, nada o 23 de xuño de 1763 na Martinica (daquela colonia do Reino de Francia) e finada o 29 de maio de 1814 en Rueil-Malmaison (Illa de Francia, Francia), crioula de nacemento, foi a primeira esposa de Napoleón Bonaparte, emperador dos franceses e, por tanto, emperatriz de Francia.
Datos rápidos María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie, Nome completo ...
María Xosefina Rosa Tascher de la Pagerie | |
---|---|
Emperatriz consorte dos franceses Raíña consorte de Italia Duquesa de Navarra | |
Retrato da Emperatriz Xosefina | |
Nome completo | Marie Josèphe Rose Tascher de la Pagerie-Impératrice Joséphine [1] |
Nacemento | 23 de xuño de 1763 Les Trois-Îlets, Martinica, Reino de Francia |
Falecemento | 29 de maio de 1814 (50 anos) Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Primeiro Imperio Francés |
Sepultura | Rueil-Malmaison, Illa de Francia, Francia |
Sucesor | María Luísa de Austria |
Consorte | Alexandre, vizconde de Beauharnais Napoleón I |
Descendencia | Eugène de Beauharnais Hortensia de Beauharnais |
Escudo de armas de da emperatriz Xosefina | |
Na rede | |
Pechar
Por parte da súa filla Hortensia, foi avoa de Napoleón III, e pola do seu fillo, bisavoa dos máis recentes reis e raíñas suecos e daneses. As familias reais actuais de Bélxica, Noruega e Luxemburgo tamén descenden de Xosefina.