Xoán de Mandeville
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán de Mandeville foi o autor ficticio dun libro de viaxes supostamente autobiográfico titulado Libro das marabillas do mundo, moi lido na Idade Media. En realidade sábese que é un pseudónimo dun certo Jean de Bourgogne ou Jean à la Barbe, médico de Liexa, autor mesmo de tratados sobre medicina, que vivira en Exipto e que probablemente alí concibira a idea de describir unha viaxe por todo Oriente. Como só coñecía Exipto, tramou o seu texto bebendo en varias fontes e creando un narrador ficticio. O narrador sostiña ser un cabaleiro inglés nado na Abadía de Saint Albans, quen en 1322, durante a festa de San Miguel, emprendera unha viaxe ata Exipto, onde loitou como mercenario do sultán contra os beduínos. Despois internárase cada vez máis ao leste, de Palestina á India e finalmente penetrara na Asia profunda, ata a propia China. Aseguraba que serviu durante quince anos no exército do Gran Khan de Mongolia. Trinta e catro anos despois da súa partida, en 1356, volvera a Europa, onde impulsado e axudado por un médico que coñecera na corte do sultán de Exipto, escribiu en Liexa a difundida compilación do que veu e viviu.
Nome orixinal | (en) John Mandeville (fr) Jean de Mandeville |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1300 St Albans |
Morte | 17 de novembro de 1372 (71/72 anos) Liexa |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Inglaterra |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Lingua | Lingua latina, francés antigo, lingua inglesa e lingua francesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Outro | |
Título | Cabaleiro |
Foi caracterizado como peregrino a Santiago de Compostela, e os seus libros eran vendidos no Camiño.
Dábase como data da súa morte o ano 1372.