Xubilación
acto administrativo polo que un traballador en activo pasa a unha situación pasiva ou de inactividade laboral / From Wikipedia, the free encyclopedia
A xubilación é o acto administrativo polo que un traballador en activo, xa sexa por conta propia ou allea, pasa a unha situación pasiva ou de inactividade laboral, en particular ao chegar a unha idade establecida,[1] ou por enfermidade crónica grave ou incapacidade.
Obtén entón unha prestación monetaria para o resto da súa vida, a xubilación ou pensión.[1]
A lexislación laboral de cada país estipula condicións distintas ao respecto.