Xudaísmo reconstrucionista
From Wikipedia, the free encyclopedia
O xudaísmo reconstrucionista (en hebreo: יהדות רקונסטרוקציוניסטית, yahadút rekonstruktsyonistit, ou hebreo: יהדות מתחדשת, yahadút mitkhadéshet) é un movemento relixioso do xudaísmo moderno que ve o xudaísmo como unha evolución progresiva da civilización e está baseado no concepto desenvolvido por Mordecai Caplan (1881–1983). O movemento orixinouse como unha corrente semiorganizada dentro do xudaísmo conservador e desenvolveuse dende finais da década de 1920 até a de 1940, antes de separarse en 1955[1] e estabelecer unha escola rabínica en 1967.[2]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/22/Mordecai_Kaplan.jpg)
![]() |
Este artigo amosa escritos hebraicos. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
Hai unha diversidade teolóxica substancial dentro do movemento. Halakha, o corpo colectivo da Lei Xudía, non se considera vinculada, pero é tratada como un remanente cultural valioso que debe manterse a menos que exista unha razón para o contrario. O movemento salienta os puntos de vista positivos cara a modernidade, e ten un enfoque do costume xudeu que sinala cara a toma de decisións comunais a través dun proceso de educación e destilación de valores de fontes xudías tradicionais.[3]