Xunta (mecánica)
obxecto que permite o acoplamento mecánico entre dous obxectos / From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha xunta é un obxecto que permite o acoplamento mecánico entre dous obxectos, enchendo o espazo entre eles, permitindo a súa fixación con firmeza e impedindo, cando estes transportan fluídos, a fuga do contido para o exterior.
Debido ás súas características a xunta permite unir superficies que posúan irregularidades. Estas superficies son unidas xeralmente polo uso de parafusos ou remaches.