Xunta de Estremadura
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Xunta de Estremadura (en castelán: Junta de Extremadura) é o órgano colexiado que exerce as funcións propias do Goberno da comunidade autónoma estremeña. Así mesmo, de acordo coas directrices xerais do presidente, establece a política xeral e dirixe a administración da comunidade autónoma e exerce a función executiva e a potestade regulamentaria no marco da Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Estremadura. A súa sede, segundo o artigo 5 do estatuto de autonomía, está en Mérida, capital de Estremadura.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2015.) |