Yogi Bear
Personaxe de debuxos animados / From Wikipedia, the free encyclopedia
O oso Yogi é un personaxe ficticio de debuxos animados da serie co mesmo nome: Yogi Bear. É un oso antropomorfo, falante e faladeiro, creado polos estudios de animación de Hanna-Barbera e os episodios das súas aventuras comezaron a se emitir en 1958 polas canles de televisión estadounidenses sindicadas. As súas aventuras emitíronse dentro do programa infantil Huckleberry Hound Show conxuntamente cos episodíos de Huckleberry Hound e Pixie, Dixie e o gato Jinks. Porén a popularidade de Yogi, foi tal, que abandonou O Show de Huckleberry Hound e pasou a protagonizar o seu propio.
País de orixe | Estados Unidos |
---|---|
Lingua(s) | Inglés |
Produtor(es) | Hanna-Barbera |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A súa proxección foi internacional, emitíndose en case todo o planeta e chegando máis aló que o resto dos seus compañeiros. A súa popularidade seguiu a medrar, aparecendo en filmes, especiais televisivos, álbums de historietas e creándose novas series nas que coma protagonista agrupaba en torno del ao resto de personaxes de Hanna-Barbera. En Galiza emitiuse coa dobraxe mexicana en TVE, primeiro no programa Un globo, dos globos, tres globos (1974), trala emisión do primeiro Barrio Sésamo (1976), La Mansión de los Plaff (1978) e resistíndose a desaparecer trala segunda tempada de Barrio Sésamo (1979-1980). Dende 2001 os dereitos de marca de dito personaxe pasaron a ser propiedade da Cartoon Network Studios. Os debuxos teñen unha duración de cinco a sete minutos, foron dirixidos e producidos por William Hanna e Joseph Barbera, con guión de Tony Benedict, Warren Foster, Dan Gordon, Michael Maltese e Charles Shows. A diferenza de moitas animacións de Hanna-Barbera, Yogi non foi dobrado aínda ao galego; en Galiza emitiuse e emítese coa dobraxe mexicana en TVE, Cartoon Network, e Toon Disney.