África Oriental Portuguesa

From Wikipedia, the free encyclopedia

África Oriental Portuguesamap
Remove ads

A África Oriental Portuguesa, Provincia Ultramarina de Mozambique ou, oficialmente, Estado da África Oriental,[1] son os nomes que recibiu unha colonia portuguesa situada no sueste da África, na África Oriental, en distintas épocas até a súa transformación no moderno estado independente da República de Mozambique.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Postos de comercio e, máis tarde, colonias portuguesas foron formadas ao longo do litoral da África Oriental en 1498, cando Vasco da Gama atinxiu a costa mozambicana. Lourenço Marques explotou a área que hoxe é a Baía de Maputo en 1544. Unha vez alí, estabeleceuse definitivamente no actual Mozambique, onde pasou a maior parte da súa vida, sendo o seu traballo foi seguido por outros exploradores, mariñeiros e comerciantes portugueses. Algunhas desas colonias foron entregadas ao final do século XIX para seren gobernadas por empresas como a Compañía de Mozambique e a Compañía do Niassa. En 1951, as colonias foron combinadas nunha única provincia no exterior so o nome de Mozambique, como parte integrante de Portugal. A maioría das colonias orixinais deron seus nomes para as provincias do actual Mozambique.

Mozambique, de acordo coa política oficial, non era unha colonia, mais antes unha parte da "nación pluricontinental e multirracial" portuguesa.[2] En Mozambique, así como fixo en todas as súas colonias, Portugal tentou europeizar a poboación local e asimilala á cultura portuguesa. Lisboa tamén quería manter as colonias como socios comerciais e mercados para seus produtos. Os habitantes africanos da colonia acabaron por seren, supostamente, colocados na posición de cidadáns de pleno dereito, con plenos dereitos políticos a través dun proceso de desenvolvemento de longo prazo. Para o efecto, a segregación en Mozambique era mínima se comparaba coa da veciña Suráfrica. Porén, o traballo forzado, a que todos os africanos eran obrigados a facer ,se non pagaban os impostos, non foi abolido até o inicio dos anos 1960.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads