Ágatha Ruiz de la Prada
deseñadora de roupa española From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Ágatha Ruiz de la Prada y Sentmenat, XII marquesa de Castelldosrius, XXIX baronesa de Santa Pau e Grande de España, nada en Madrid o 22 de xullo de 1960, é unha deseñadora de roupa española.
Estudou na Escola de Artes e Técnicas da Moda de Barcelona.
Comezou a súa carreira como deseñadora en 1981, cando presentou a súa primeira colección en Local, un Centro de Deseño. Os seus deseños salientan pola súa modernidade (vestidos con caixas, acompañado con estrelas, soles, lúas, corazóns, con cores brillantes) cun ton decididamente naïf.
Ademais de roupa, trasladou os seus deseños a mobles, cadeiras, mesas, sofás, enxoval, alfombras, lámpadas, material escolar (cadernos, lapis, bolígrafos, perfumes, toallas, etc).
É a parella sentimental do xornalista Pedro J. Ramírez.
Tamén dá o seu nome a unha marca de perfume, fabricado pola empresa catalá de produtos de perfumaría e moda Puig.[1]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads