Índice de Desenvolvemento Humano
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
(Mapa para daltónicos) Problemas de visión co verde e vermello. O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo.

0.800–1.000 (very high) 0.700–0.799 (high) 0.550–0.699 (medium) | 0.350–0.549 (low) Data unavailable |
O índice foi desenvolvido en 1990 polo economista paquistanés Mahbub ul Haq e o economista indio Amartya Sen[2].
Remove ads
Criterios de avaliación
- Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a taxa de alfabetización, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
- Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación sa, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos.
- Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.
Remove ads
Cálculo do IDH
O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.
- (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)
O cálculo destes índices vén dado no seguinte cadro:
Remove ads
Clasificación do IDH
No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.
Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_
- Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70.
- Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85.
- Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads