Órgano sexual
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un órgano sexual ou órgano reprodutor é calquera parte anatómica do corpo dun organismo complexo que participa na reprodución sexual e que xuntos constitúen o sistema reprodutor. Os órganos visibles externos, en machos e femias, son os órganos sexuais primarios coñecidos como xenitais. Os órganos internos coñecidos como órganos sexuais secundarios[1][2] e son chamados ás veces como xenitais internos. As características que comezan a aparecer durante a puberdade, como no caso dos humanos o pelo pubiano en ámbolos dous sexos ou o pelo facial nos homes, son coñecidas como características sexuais secundarias.
Órgano sexual | |
---|---|
![]() Os órganos sexuais dunha alga verde son o anteridio macho (vermello) e o arquegonio femia (marrón). | |
Instancia de | tipo de clase de estrutura anatómica |
Subclase de | órgano reprodutor e estrutura anatómica de xénero |
Parte de | sistema reprodutor humano |
Desenvolvemento | desenvolvemento dos xenitais |
Caracterizado por
| |
Fontes e identificadores | |
MeSH | D005835 |
Thesaurus do NCI | C25177 |
Descrito pola fonte
| |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Musgos, fentos e algunhas plantas semellantes teñen gametanxios como órganos reprodutores, que forman parte do gametófito.[3] As flores das plantas anxiospermas producen pole e óvulos, pero os órganos sexuais propiamente están dentro do gametófito co pole e o óvulo.[4] As coníferas producen as súas estruturas reprodutivas contidas dentro de piñas e pole. As piñas e o pole non son eles mesmos órganos sexuais.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.