Öland

From Wikipedia, the free encyclopedia

Öland
Remove ads

Öland é unha illa no Mar Báltico, ao largo da costa leste da Suecia, e pertence á mesma. Situada no Condado de Kalmar cunha área de 1342 km², é a segunda illa sueca por extensión, despois de Gotland. Poboación (2003): 24.628 habitantes. Está separada do continente polo estreito de Kalmar. Contén un sitio designado patrimonio mundial: a paisaxe agrícola do sur de Öland.

Datos rápidos Tipo, Localización ...
Thumb
Localización de Öland
Remove ads

Historia

Existe evidencia arqueolóxica que indica que a illa habitouse no ano 8000 a.C., xa que as escavacións que datan do Paleolítico, confirman a presenza de recolectores.[1] A comezos da Idade de Pedra, os colonizadores migraron a través da ponte de xeo que conectaba a illa a través do Estreito de Kalmar.

A evidencia da poboación de Öland (coñecida en latín Oelandia) sucedeu polo menos no 6000 a.C., cando había establecementos da Idade de Pedra en alby e outras localidades da illa. Existen panteóns da Idade de Ferro e a época dos viquingos visibles en Getllinge, Hulterstad, e noutros lugares no seu bordo do perímetro áchanse tamén barcos de pedra.

Hai dezanove fortes circulares da Idade de Ferro identificados na illa. Só un deles, Eketorp, foi completamente escavado e de aí recuperáronse máis de 24.000 artefactos.

Para o ano 900, Wulfstan de Hedeby chamou á illa «Eowland», a terra dos Eowan:

Entón, logo da terra dos Burgundianos, quedaron a nosa esquerda as terras que foron chamadas desde o inicio do tempo Blekingey, e Meore, e Eowland, Gotland, co seu territorio someitdo aos Suioes e Weonodland á nosa dereita, chegando tan lonxe como á boca do Vístula.[2]

Con todo, esta non foi a primeira mención dos Eowans. Existe un nomeamento anterior da tribo no poema Widsith na literatura anglosaxoa:

Breoca Brondingum,
Billing Wernum.

Oswine weold Eowum

ond Ytum Gefwulf,

Fin Folcwalding

Fresna cynne.

Sigehere lengest

Sædenum weold,

Hnæf Hocingum,

Helm Wulfingum,
Breoc aos Brondings,
Billing aos Varni.

Oswin gobernaba aos Eowans

e Getwulf aos xutos,

Finn Folcwalding

ao clan dos frisóns.

Sigar durante máis tempo

reinou o mar-Daner,

Hnæf aos Hocings,

Helm aos Wulfings,
Widsith

Estudosos como Schütte[3] e Kendrick[4] sinalan que houbo unha mención aínda máis temperá da xente de Öland no ano 98 por Tácito, quen os chamou "Aviones":

Logo dos longobardos, chegaron os Reudigni, Auinoes, Anglos, varnos, eudosios, Suarines e Nuithones; todos eles ben resgardados por ríos e bosques. Non hai nada notable sobre ningunha destas tribos a menos que se fale da veneración de Nerthus, é dicir a Nai Terra. Eles creen que está interesada nos asuntos do home e manéxase por eles. Nunha illa no océano hai un arboredo onde espera un vagón divino cuberto por unha cortina.
Do libro Germania, de Tácito

Na historia sueca, a illa serviu como parque real, especialmente Ottenby e Halltorps, que foron seleccionados pola coroa sueca na [Idade Media] como reservas reais de recreación.

Remove ads

Xeografía

Thumb
Mapa de Öland
Thumb
Homrevet, Norte de Öland

Öland é a segunda illa máis grande das illas de Suecia e historicamente dividiuse nunha cidade e cinco Centenas (vilas).

Cidades e vilas

  • Alby
  • Borgholm (1816)
  • Gettlinge
  • Hulterstad
  • Färjestaden
  • Mörbylånga
  • Eriksöre
  • Stenåsa
  • Segerstad
  • Seby
  • Södra Sandby
  • Norra möckleby
  • Bläsinge
  • Gårdby
  • Ottenby
  • Köpingsvik

Vilas

  • Algutsrum Hundred
  • Gräsgård Hundred
  • Möckleby Hundred
  • Runsten Hundred
  • Slättbo Hundred
  • Åkerbo Hundred

Datos

  • Maior altura: Högsrum, 55 m
  • Lago máis grande: Hornsjön[5]
  • Longo: 137 km
  • Largo (no punto máis largo): 16 km
Remove ads

Clima

Öland ten un clima oceánico semi-continental con grandes diferenzas de temperatura entre o verán e o inverno. Hai dúas estacións meteorolóxicas principais, unha situada no extremo norte e a outra no extremo sur. Malia a latitude máis setentrional, o bordo setentrional de Öland é moito máis suave que o seu bordo meridional, xa que o aire se quenta sobre as máis grandes masas de terra circundantes durante días, mentres que retén pesados trazos marítimos durante a noite. É tamén máis representativo para o clima xeral da illa.

Máis información Datos climáticos para Öland's Northern Edge, temperature 2002-2015, precipitation 1961-1990; extremes since 1901, Mes ...
Máis información Datos climáticos para Öland's Southern Edge (2002-2015; precipitation 1961-1990; extremes since 1937), Mes ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads