1129

Ano From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads
Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Remove ads

Acontecementos

Galiza

Europa

  • Concilio de Troyes, que aproba a regra dos Templarios.
  • Knud Lavard, jarl dinamarqués de Schleswig, somete aos Obodritas e faise proclamar rei deles, baixo a soberanía do emperador Lotario II.

Asia

  • Os Djürchet rematan a conquista do norte da China e atravesan o Yang-tse-kiang por dous lugares até o Jiangxi e Nakin.

Oriente Próximo

  • O atabek de Damasco, Bouri, fai executar o visir al-Mazdaghani, protector dos asasinos (batinís). Os partidarios da seita son masacrados polo pobo. Os seus xefes son crucificados sobre as ameas das murallas. Segundo o cronista Ali Ibn al-Athîr, al-Mazdaghani e os asasinos pretendíanlle entregar a vila aos francos a cambio de Tiro e foi ao ter noticia do complot que Bouri decidiu actuar. Os poucos batinís superviventes instálanse en Palestina baixo a protección de Balduíno II de Xerusalén logo de entregarlle a fortaleza de Banias, na ruta entre Xerusalén e Damasco.
Varias semanas máis tarde, un exército de 10 000 cabaleiros e fantasíns francos chegados da Palestina, Antioquía, Edesa e o condado de Trípoli preséntanse fronte a Damasco. Bouri recorre ás presas ás bandas de nómades turcos e a algunhas tribos árabes para rexeitar o ataque. Varios miles de francos, que se dedicaran á pillaxe na chaira da Ghouta, son sorprendidos polo ataque. Balduíno abandona o continxente e reagrupa as súas tropas para unha nova tentativa. Unha tempestade abátese sobre a rexión e transfórmaa nun inmenso lago de lama (comezos de setembro). Non podendo avanzar, Balduíno ordena a retirada.
  • Zanki, amo de Alepo, invita a Bouri de Damasco a participar nunha expedición contra os francos. Sawinj, fillo de Bouri chega a Alepo con 500 cabaleiros. Zanki tómaos como reféns e ameaza con matalos se Bouri o traizoa. Sawinj non é liberado dous anos máis tarde.
Remove ads

Arte e cultura

  • Disólvese a comunidade da abadía de mulleres de Argenteuil. A abadesa, Heloísa, conduce unha parte das monxas a Champaña a un convento fundado por Abelardo baixo a advocación do Paracleto (Santo Espírito consolador).
  • O mestre Raimundo comeza as obras de construción da catedral de Lugo.

Nacementos

  • Henrique XII de Baviera (ou 1131), morto en 1195, duque de Saxonia e de Baviera.

Mortes

Historia ano a ano

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads