1182
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Europa
- Comeza o reinado de Canuto VI, rei de Dinamarca (até 1202)
- Filipe Augusto de Francia expulsa aos xudeus.
- Concilio de Saintes
- Pedro Valdo é excomungado e prohibido.
- Florenza conquista Empoli
- A Moravia constitúese temporalmente en margraviado
- A Catedral de Santiago de Compostela celebra o seu primeiro Xubileu
Imperio Bizantino
- Abril: Usurpación de feito do curmán de Manuel I Cómneno, Andrónico Cómneno, que provoca que Alexis II Cómneno masacre os latinos de Constantinopla en maio.
- Concédenselle importantes privilexios comerciais a Veneza, os únicos a non ser masacrados. Os xenoveses e pisanos lanzan os seus piratas ao mar Exeo.
Oriente Próximo
- Reinaldo de Châtillon decide lanzar un ataque sobre A Meca. Embárcase en Eilat, pequeno porto pesqueiro do golfo de Aqaba, e ataca Yanboh, porto de Medina e logo Rabigh, non lonxe da Meca. De camiño, afunde un barco de peregrinos musulmáns. En canto Reinaldo, cargado de botín, retorna ás súas terras, os seus homes continúan a atravesar o mar Vermello. O irmán de Saladino, al-Adel, que goberna no Exipto, lanza contra eles unha frota que os desfai. Algúns deles son conducidos á Meca para ser decapitados en público.
- Secesión de Chipre
Asia
- Na India, o xeneral gurida Muhammad ibn Sam toma Debal e converte aos Sumras (ismaelís) en vasalos seus.
Remove ads
Nacementos
Mortes
- Valdemar I, rei de Dinamarca
Outros
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1182 |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads