1986

ano From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

1986 (MCMLXXXVI) foi un ano común comezado en mércores no calendario gregoriano. No horóscopo chinés corresponde ao ano do Tigre. A Organización das Nacións Unidas declarouno Ano Internacional da Paz. A Unión alemá para a conservación da natureza declarou ao corvus frugilegus ave do ano.

Datos rápidos Calendario gregoriano, Ab urbe condita ...
Remove ads

Acontecementos

  • 1 de xaneiro - Ingreso de España e Portugal na CEE.
  • 1 de xaneiro - Entrada en vigor do IVE en España.
  • 2 de xaneiro - O Goberno italiano autoriza a construción dunha ponte entre Sicilia e a península, a traverso do Estreito de Messina.
  • 28 de xaneiro - O transbordador espacial Challenger explota despois de engalar do Centro Espacial Kennedy, Florida, matando os seus 7 tripulantes.
  • 12 de marzo - Celébrase unha consulta por Referendo pola permanencia de España na OTAN, obtendo os seguintes resultados: votos a favor 52,49 %, votos en contra 39,87 %, votos en branco 6,53 % e nulos 1,11 % dos votos emitidos.
  • 26 de abril: na central nuclear de Chernóbil, Ucraína, prodúcese a maior catástrofe nuclear da historia. Á 01:23 a. m. no reactor número 4 prodúcese unha explosión por mor dunha proba de seguridade, realizada de forma incorrecta sumada á inseguridade dos reactores RBMK, ceibando toneladas de combustíbel nuclear á atmosfera, polo que en días posteriores debeuse evacuar aos habitantes da cidade de Pripyat e os seus arredores. Naquel entón, Ucraína era parte da Unión Soviética.
  • 26 de abril: en Suacilandia é coroado rei Mswati III.
Remove ads

Nacementos

Mortes

Remove ads

Premios Nobel

Día das Letras Galegas dedicado a:

Outros

Historia ano a ano

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads