756
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Asia
- Reinado de Krishna, rei Rastrakuta de Malkhed, na India (até 775).
- 18 de xullo: An Lushan apodérase da capital chinesa Chang'an e proclámase emperador, fundando a efémera dinastía Yan.
- O emperador chinés Xuanzong (Hiuan Tsong), inconsolábel tras a morte da súa concubina Yang Guifei, abdica en favor de seu fillo Suzong (Su Tsong) que pasa a encabezar a resistencia dos leais a súa liñaxe en Gansu.
Europa
- Vinech pasa a ser o khan dos búlgaros, sucedendo a Kormisosh.
- Domenica Monegario tórnase dogo de Venecia.
- Pipino o Breve derrota os longobardos na Italia setentrional. Pipino doa Rávena e o resto da Pentápole ao Papado, territorio que o emperador bizantino esixe que sexa volto aos seus dominios, mais Pipino negarase a facelo. A chamada "Doazón de Pipino" convértese na base dos Estados Pontificios.
- Desiderio sobe ao trono dos longobardos, tras a morte de Aistolfo.
Península Ibérica
- Abd al-Rahman I restabelece a dinastía Omeia (Umayyad) no Al-Andalus, proclamando o emirato de Córdoba, o que equivale á proclamación da independencia a respecto do califato de Damasco, que rexen os Abasidas.
Remove ads
Nacementos
Mortes
Outros
- O rei indio Krishna, de Malkhed, fai construír o templo de Kailâsanâtha, tallado na rocha en Ellorâ, e dedicado a Shiva (a edificación é o maior monumento monolítico do mundo).
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 756 |
![]() |
Este artigo sobre efemérides é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads