866
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Europa
- 27 de maio - Inicia o seu reinado Afonso III de Asturias, dito o Magno, asociado xa como monarca con seu pai, Ordoño I, desde 862 (até 909).
- O conde galego Hermenexildo Pérez disputa o trono a Afonso III. Derrotado, os seus bens son confiscados e doados á diocese compostelá.
- Desfeita dunha frota islámica, mandada por Abdel-Hamid ben Ganim, na foz do río Miño.
- Invasión danesa de Inglaterra, que tenta combater Aethelred (Ethelred), rei de Wessex (até 871).
- Os daneses conquistan pouco a pouco Inglaterra tomando como base Londres e o río Támese.
- 1 de novembro : os daneses toman York, que será a capital do reino viquingo de York durante un século (até 954).
- En dous anos os daneses ocupan Northumbria (866-867). Osberhth e Aelle, reis locais, son matados (867).
Oriente Próximo
- Comezo do goberno do califa Muhammad Al-Mutaz (até 869).
Remove ads
Nacementos
- 19 de setembro - León VI o Sabio, emperador de Bizancio (m. 912).
Mortes
- 27 de maio - Ordoño I de Asturias (n. 821).
- 2 de xullo - Roberto o Forte, marqués de Neustria, conde de Tours e Anjou.
- 16 de decembro - Eberardo de Friúl, marqués de Friúl (n. 820).
- Bardas, co-emperador bizantino, asasinado.
Outros
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 866 |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads