Abanca
banco galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Abanca, ABANCA Corporación Bancaria S.A., é un banco con sede en Galicia. Creouse no 2011 tras a "bancarización" da caixa de aforros de NovaCaixaGalicia. Opera nas comunidades autónomas de Galicia e Asturias e noutras partes de España e Portugal. Ten oficinas bancarias no Reino Unido, Francia, Suíza, o Brasil, Venezuela, Panamá, México e os Estados Unidos. Opera baixo o nome de Abanca dende o 27 de xuño de 2014, substituíndo á anterior marca Novagalicia Banco.[1]
![]() | Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Remove ads
Historia
En abril de 2014, Banesco, foi o vencedor da poxa de NCG Banco a través de Banco Etcheverría. Pagou 1000 millóns de euros por unha entidade rescatada con 9000 millóns do erario público que nunca foron recuperados.[2]
A empresa anunciou que suprimiría a marca Novagalicia Banco e se substituiría por unha nova.[3] O 26 de xuño de 2014, a nova marca Abanca foi presentada en Santiago de Compostela.[4] O 27 de xuño de 2014, a marca comercial Novagalicia Banco foi substituída pola marca Abanca.[1]
Está previsto que as oficinas de Banco Etcheverría pasen a operar tamén baixo a marca Abanca. A marca Banco Etcheverría podería quedar para banca privada a partir do próximo ano.[5]
Remove ads
Características
Abanca é «un nome en galego, para un banco con alma de caixa que nace co obxectivo de merecer servir ós galegos»[6], en palabras de Juan Carlos Escotet, presidente de Banesco. Co azul e o branco como cores predominantes, a nova marca do banco galego vai acompañada dun lema, "Sentir Común", «que aglutina tódolos valores do novo banco que nace con esta marca: a responsabilidade, a confianza, a calidade, a sinxeleza, a innovación».[4][6]
Desde a súa adquisión o banco non deixou de acumular beneficios,[7] ao tempo que reducia as súas oficinas, deixando sen servizo amplas zonas de Galiza.[8] Desde a súa creación o banco relega o galego a un uso testemuñal.[9] A xunta de Galiza autorizou a empresa a creación dunha universidade privada.[10]
Remove ads
Galería de imaxes
- Sucursal de Abanca en Santa Cristina de Cobres.
- Oficina de Abanca na Coruña.
- Oficina de Ribadeo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads