Advanced Research and Global Observation Satellite

From Wikipedia, the free encyclopedia

Advanced Research and Global Observation Satellite
Remove ads

Advanced Research and Global Observation Satellite, tamén coñecido polo seu acrónimo ARGOS e pola denominación P91-1[4], é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o día 23 de febreiro de 1999 mediante un foguete Delta II 7920 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][5]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

ARGOS adicouse a probar novas tecnoloxías no espazo e é o membro máis grande e capaz do programa STP (Space Test Program) da USAF.[2]

O satélite leva nove cargas útiles principais e 30 experimentos[4]:

  • High Temperature Super Conducting Experiment II (HTSSE): experimento de supercondutividade a alta temperatura desenvolvido polo Laboratorio de Investigación Naval.
  • Extreme Ultraviolet Imaging Photometer (EUVIP): experimento para caracterizar o comportamento da atmosfera superior ante a radiación ultravioleta.
  • Unconventional Stellar Aspect (USA): observación en raios X de fontes brillantes, como sistemas binarios e estrelas de neutróns. As observacións, ademais da súa utilidade en astrofísica, usáronse para probar novos métodos de navegación e para facer o primeiro estudo tomográfico da atmosfera terrestre.
  • Electric Propulsion Space Experiment (ESEX): demostración dun novo sistema de propulsión eléctrico de alta potencia usando unha fonte de enerxía de 26 kilovatios e amoníaco como propelente.
  • Space Dust (SPADUS): medición da velocidade e dirección de impacto do po espacial.
  • Critical Ionization Velocity (CIV): experimento de solta de gases (xenon e dióxido de carbono) nun punto sobre a Terra correspondente á posición do telescopio de Maui para investigar procesos de ionización.
  • High Resolution Airglow / Aurora Spectroscopy (HIRAAS)
  • Global Imaging Monitor of the Ionosphere (GIMI)
  • Coherent Radio Topography Experiment (CERTO)
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads