Eurocopter AS332 Super Puma
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Eurocopter AS332 Super Puma (no presente Airbus Helicopters H215) é un helicóptero utilitario de tamaño medio bimotor desenvolvido e comercializado orixinalmente por Aérospatiale, posteriormente por Eurocopter, e no presente por Airbus Helicopters. Trátase dunha versión remotorizada e máis voluminosa do Aérospatiale SA 330 Puma orixinal. O Super Puma substituíu o SA 330 Puma como principal modelo en fabricación do tipo en 1980. Dende o ano 1990 os Super Puma en servizo militar son comercializados coa designación AS532 Cougar. No servizo civil introducíuse un substituto de nova xeración en 2004, o máis grande Eurocopter EC225 Super Puma.
Remove ads
Desenvolvemento
Orixe
En 1974 Aérospatiale comezou a desenvolver un novo helicóptero medio de transporte baseado no seu SA 330 Puma. O proxecto anunciouse publicamente no Paris Air Show de 1975. Aínda que o novo deseño mantiña un esquema semellante ao do AS 330, estaba impulsado por dous dos novos e máis potentes motores turboeixo Turbomeca Makila, que movían un rotor principal de catro palas que facían uso de materiais compostos. Púxose un gran nivel de atención en facer que o novo modelo soportase mellor o dano. Adoptouse unha estrutura da fuselaxe máis robusta xunto cun tren de aterraxe máis resistente, e incluso as palas do rotor eran capaces de aguantar un certo nivel de dano en batalla, así como outros sistemas mecánicos clave do aparello.[1]
As características externas distintivas con respecto ao SA 330 son unha aleta ventral baixo a pluma de cola e un nariz máis estilizado.[2] Dende o principioo novo helicóptero estaba planeado para estar dispoñible con dúas lonxitudes da fuselaxe: unha versión con fuselaxe curta que ofrecía unha capacidade semellante á do SA 330 aínda que proporcionando un rendemento superior en condicións quentes e a grande altitude, e unha versión alongada que permitía máis carga interior ou máis pasaxeiros.[3]
Un prototipo de preprodución, o SA 331, modificado a partir da célula dun SA 330 con motores Makila e unha nova caixa de cambios voou o 5 de setembro de 1977.[4] O primeiro prototipo do Super Puma completo realizou o seu voo de estrea o 13 de setembro de 1978, seguido por cinco prototipos máis.[5] As probas de voo revelaron que o AS 330 Super Puma tiña unha maior velocidade de cruceiro e alcance que o SA 330 Puma, en parte debido á maior potencia dos motor Makila e a que consumía un 17% menos de combustible. O Super Puma tamén demostrou ser moito máis estable en voo e dependía menos dos sistemas automatizados de corrección.[6] O desenvolvemento das variantes militar e civil fíxose en paralelo, incluído o proceso de certificación.[7] No ano 1981 entregouse o primeiro Super Puma civil.[8]

Produción e melloras
En 1980 o AS 332 Super Puma substituíu o máis vello SA 330 Puma como o principal helicóptero utilitario de Aérospatiale.[9] O AS 332 Super Puma demostrou ser moi popular. Entre xullo de 1981 e abril de 1987 houbo unha produción media de tres helicópteros por mes, tanto para clientes militares como civís.[10] Indonesian Aerospace (IPTN) tamén fabricou tanto o SA 330 como o AS 332 baixo licenza para clientes domésticos e estranxeiros.[11] En 2005 varios modelos de Super Puma estaba operando con clientes de 38 nacións nunha ampla variedade de tarefas.[11] En total, nese ano entregáranse ou estaban pedidos 565 Super Puma (incluídos os Cougar militares).[12]
O éxito do AS 332 Super Puma levou á procura de programas de desenvolvemento prolongados para producir novos modelos avanzados. Entre as características incluídas había palas máis longas, motores e transmisións máis potentes, aumentos no peso de engalaxe, e aviónica modernizada.[10] Unha ampla variedade de Super Puma especializados seguiron ao modelo básico de transporte, incluídas versións de busca e rescate (SAR) e guerra antisubmarina. Os Super Puma militares comercializáronse como o AS532 Cougar dende 1990. Como alternativa ao NHIndustries NH90, tamén se considerou desenvolver un Mark III Super Puma.[10]
En febreiro de 2012 Eurocopter ofreceu unha configuración básica do Super Puma a prezo máis baixo co obxectivo de competir co ruso Mil Mi-17.[13] Starlite Aviation converteuse no cliente de lanzamento para esta nova variante, designada AS 332 C1e. En novembro de 2015 Airbus Helicopters anunciou que a fabricación do AS 332 Super Puma, que fora redesignado H215 nese momento, pasaría a realizarse nunha nova planta contruída para ese propósito en Brasov, Romanía.[14] Este movemento ten como obxectivo reducir o tempo e o custo de produción simplificando a fabricación a unha única configuración de base que se adaptará para atender ás necesidades dos clientes civís e militares.[15].
Remove ads
Variantes

- SA 331 - prototipo inicial baseado na célula do SA 330 que vou por vez primeira o 5 de setembro de 1977[16]
- AS 332A - versión de preprodución comercial
- AS 332B - versión militar
- AS 332B1 - primeira variante militar
- AS 332C - versión civil de produción[17]
- AS 332C1 - versión SAR, equipada cun radar de busca e seis padiolas[17]
- AS 332F - versión militar antibuque e antisubmarina
- AS 332F1 - versión naval
- AS 332L - versión civil con motores máis potentes, fuselaxe agrandada, maior espazo de cabina e maior tanque de combustible[17]
- AS 332L1 - versión civil estirada, cunha fuselaxe longa e un interior de aerolíña[17]
- AS 332L2 Super Puma Mk 2 - versión de transporte civil, equipada cunha cabeza de rotor Spheriflex e EFIS[17]
- AS 332M - versión militar do AS 332L
- AS 332M1 - versión militar alongada
- NAS 332 - versión construída baixo licenza por IPTN, agora Indonesian Aerospace PT DI
- VH-34 - designación da Forza Aérea Brasileira para os dous Super Puma con configuración VIP
Remove ads
Notas
Bibliografía
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads