A BEST

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A BEST é a primeira compilación de grandes éxitos da cantante xaponesa Ayumi Hamasaki, lanzado orixinalmente o 28 de marzo do ano 2001 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...
Remove ads

Información

A promoción para a primeira compilación de éxitos de Ayumi Hamasaki (tras só 4 anos dende o seu debut) foi explosiva, e algúns medios especularon que avex trax gastou millóns de yens en aparicións en televisión, revistas, comerciais e demais. O álbum consta de 6 portadas distintas, presente nunha caixa de cartón, en xeral para tódalas copias.

Os comerciais para o álbum fóronse facendo cada vez máis explosivos, comezando cinco días antes do lanzamento, e cada día o comercial ía cambiando, mentres que o esperado día chegaba. Os comerciais están rexistrados dentro das compilacións de Hamasaki "A clips vol. 2", así como na compilación de tres DVDs con case todo o material visual da artista "COMPLETE CLIP BOX".

As tres primeiras cancións, imaxes do comezo da súa carreira, foron regravadas pola artista. A voz comparada coas versións orixinais é moi distinta, principalmente en que o ton de voz de Ayumi fíxose máis groso co tempo. Outras cancións tamén foron arranxadas nas súas melodías, pero os rexistros de voz son os mesmos das versións orixinais, porén estas versións rearranxadas non están marcadas como tales no álbum (as cancións son "Boys & Girls" e "Seasons")

Remove ads

Controversia

Ayumi pensaba retirarse do mundo da música se o lanzamento deste álbum se convertía un fracaso, á parte de que non quería lanzar esta compilación xa que consideraba que estaba comenzando a súa carreira, e o lanzamento dun CD de grandes éxitos era para artistas xa consolidados. Por esa razón é pola que se ve a Ayumi Hamasaki chorando na portada do álbum, e pola que o símbolo principal é unha bágoa. Pero despois do éxito masivo do álbum, que logrou vender máis de catro millóns de copias (ata o momento o álbum con mellores vendas da cantante) decidiu seguir coa súa carreira, así como tamén asumiu que era un dos soportes principais do seu selo.

O álbum lanzouse o mesmo día que o segundo álbum de estudio da coñecida rival de Ayumi, Hikaru Utada, o que causou grande expectación sobre quen sería a gañadora do primeiro lugar. O álbum finalmente quedou no segundo lugar trala competición con Utada dentro da primeira semana nas listas semanais e, na seguinte, Hamasaki fíxose co primeiro lugar.

Remove ads

Lista de temas

Versión xaponesa

Máis información #, Título ...

Versión internacional

Lanzada posteriormente en Singapur, Filipinas e Corea. As cancións son todas as versións orixinais.

Máis información #, Título ...

Posición nas listas

Máis información Lanzamento, Lista ...
  • Vendas totais: 4,295,353 (Xapón)
  • Vendas totais: 6,750,000 (Asia)

Sinxelos incluídos

Máis información Lanzamento, Título ...

Vendas acumuladas dos sinxelos: 9,215,020

Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads